NuboDrive
As túas fotos e ficheiros nunha nube privada, á man desde calquera dispositivo.
- iPhone e iPad
- Android
- Mac
- Windows moi pronto


Garda as túas fotos, navega con protección e viaxa con datos: dúas aplicacións sobre a rede do teu operador.
Son de balde. Para usalas precisas a alta do teu operador.
As túas fotos e ficheiros nunha nube privada, á man desde calquera dispositivo.


VPN, navegador privado e protección contra webs maliciosas. E para viaxar, unha eSIM que queda no teu móbil: cargas datos desde a aplicación e vai na factura do teu operador.

Os teus ficheiros viven en Nextcloud, a nube de código aberto. A aplicación chega a eles por unha VPN privada do teu operador.
Se a túa non está, pregunta ao teu operador: é quen leva a túa conta.
Un servizo que che ofrece o teu operador de internet: unha nube privada para as túas fotos e ficheiros (NuboDrive) e, nunha soa aplicación, protección ao navegar e eSIM con datos para viaxar (NuboProtect).
A través do teu operador de internet. NuboLink non se vende directamente ao público: se o teu operador o ofrece, dáche de alta e envíache os datos de acceso por correo.
As aplicacións descárganse de balde. O prezo do servizo pono o teu operador e cóbracho na factura de sempre.
Instala a aplicación e escanea con ela o código QR do teu correo de benvida: configúrase soa. O código vale 30 días e serve para todos os teus dispositivos. Tamén podes entrar co teu usuario e o teu contrasinal.
Nun servidor Nextcloud do teu operador. A aplicación chega a el por unha VPN privada, así que os teus ficheiros non pasan por nubes de terceiros.
NuboDrive, en iPhone, iPad, Android e Mac. NuboProtect, en iPhone, iPad, Android e Mac.
Pídelle ao teu operador que che envíe a ligazón para cambialo. Chégache ao correo e caduca ao cabo dunha hora.
Instala a aplicación no novo e volve escanear o código do teu correo de benvida. Se xa caducou, o teu operador reenvíacho.
Escolles un plan de datos para o teu destino, instalas a eSIM cun código e conéctaste ao chegar. Cando se acaban os datos podes recargar a mesma eSIM, sen instalar outra.
O teu operador. É quen che deu de alta e quen pode ver que pasa coa túa conta.
NuboLink é un servizo exclusivo para ISP e WISP: nube privada, protección e eSIM de viaxe coa túa marca, sobre a túa propia rede.
Contámosche como funciona e como poñelo en marcha na túa rede.
Xa es operador? Acceso operadores